Esta sección contén descricións das funcións de Texto.
Para acceder a esta orde...
Inserir - Función, categoría Texto
Empregar aspas duplas nas fórmulas
Para incluír unha cadea de texto nunha fórmula coloque a cadea de texto entre dúas aspas duplas (") e o Calc toma os caracteres da cadea sen intentar interpretalos. Por exemplo, a fórmula ="Ola, mundo!" mostra a cadea de texto Ola, mundo! na cela sen aspas arredor.
A fórmula, algo máis complexa, =CONCATENAR("A vida é realmente sinxela, ";"mais insistimos en facela complicada";"(Confucio)." concatena tres cadeas individuais entre aspas duplas producindo A vida é realmente sinxela, mais insistimos en facela complicada (Confucio)."
Para colocar unhas aspas duplas literalmente dentro dunha cadea dunha fórmula pódense empregar dous métodos:
Pódense «escapar» as aspas duplas cunhas adicionais, co que o Calc trata as aspas duplas escapadas como un valor literal. Por exemplo, a fórmula ="Chámome ""Xan Ribeiro"". produce a saída Chámome "Xan Ribeiro". Outro exemplo sinxelo é a fórmula =UNICODE(""""), que devolve 34; o valor decimal do carácter de aspa dupla en Unicode (U+0022). Aquí, as aspas primeira e cuarta indican o comezo e o fin da cadea, mentres que a segunda escapa a terceira.
Pódense empregar as funcións CHAR ou UNICHAR para inserir aspas duplas. Por exemplo, a fórmula =UNICHAR(34) & "Cousos do lobo" & UNICHAR(34) & " é un poema de Uxío Novoneyra." mostra a cadea "Cousos do lobo" é un poema de Uxío Novoneyra.
Teña en conta que a función de corrección automática do Calc pode modificar as aspas duplas. A corrección automática non debería cambiar as aspas duplas dentro dunha cela con fórmula, mais pode cambiar as que aparecen en celas que non son de fórmula e conteñen texto. Por exemplo, se copia unha cadea rodeada por unha forma distinta de aspas, tal como as aspas duplas á esquerda (U+201C) e as aspas duplas á dereita (U+201D) e a copia nunha cela con fórmula, pode producirse un erro. Abra a área Aspas duplas da caixa de diálogo Ferramentas - Opcións de corrección automática - Opcións rexionais para indicar que caracteres se han de empregar para corrixir automaticamente as aspas duplas tipográficas inicial e final. Desmarque o botón de alternancia Substituír para desactivar esta funcionalidade.
Texto baleiro e celas en branco
As celas co texto baleiro ("") non equivalen a celas en branco. Ao buscar ou calcular con texto, a cadea baleira "" é o texto de lonxitude cero.
Por exemplo, cando a fórmula en A1 devolve a cadea baleira "", aplícase o seguinte:
=ENBRANCO(A1) devolve FALSO. A cela non está baleira.
=ÉFÓRMULA(A1) devolve VERDADEIRO. A cela é unha fórmula.
=ÉLÓXICO(A1) devolve FALSO. Non é un valor lóxico.
=ÉNONTEXTO(A1) devolve FALSTO. A cela ten texto baleiro (unha cadea en branco).
=ÉNÚMERO(A1) devolve FALSO. Non é un número.
=ÉTEXTO(A1) devolve VERDADEIRO. A cela ten a cadea baleira (texto en branco), calculada por unha fórmula.
=LONX(A1) devolve 0. A lonxitude, ou tamaño, da cadea baleira é 0.
Converts text that represents a number in a numeral system with the given base radix to a positive integer. The radix must be in the range 2 to 36. Spaces and tabs are ignored. The Text field is not case-sensitive.
Converte un número nunha cadea que representa a cantidade no formato de moeda, arredondado ao número especificado de decimais, empregando o separador de decimais que corresponde á configuración local actual. No campo Valor introduza o número que hai que converter. Opcionalmente, pódese introducir o número de decimais no campo Decimais. Se non se especifica ningún valor todos os números en formato de moeda móstranse con dous decimais.
Returns the position of a string of text within another string.You can also define where to begin the search. The search term can be a number or any string of characters. The search is case-sensitive.
Para a conxunto de caracteres de bytes dobres (DBCS) idiomas, devolve o número de bytes usados para representar os carácteres nunha secuencia de texto.
Substitúe parte dunha cadea de texto cunha secuencia de texto diferente. Esta función pode usarse para substituír caracteres e números (que automaticamente convertidas en texto). O resultado da función sempre aparece como texto. Se desexa realizar outros cálculos cun número que foi substituído polo texto, terá que convertelo-lo de volta para un número usando o VALOR función.
Returns the position of a text segment within a character string. You can set the start of the search as an option. The search text can be a number or any sequence of characters. The search is not case-sensitive. If the text is not found, returns error 519 (#VALUE).
Converts the string representation of a number to numeric form. If the supplied string is a valid date, time, or date-time, the corresponding date-time serial number is returned.