Axuda do LibreOffice 25.2
Converte un número nunha cadea que representa a cantidade no formato de moeda, arredondado ao número especificado de decimais, empregando o separador de decimais que corresponde á configuración local actual. No campo Valor introduza o número que hai que converter. Opcionalmente, pódese introducir o número de decimais no campo Decimais. Se non se especifica ningún valor todos os números en formato de moeda móstranse con dous decimais.
Define o formato de moeda en súas opcións de sistema.
DOLLAR(Value [; Decimals])
Valor é un número, unha referencia a unha cela que contén un número, ou unha fórmula que dá un número.
Decimais é o número opcional de cifras decimais.
=MOEDA(255) devolve $255,00 para a configuración local Inglés (EE.UU) e moeda USD (dólar); ¥255,00 para a configuración local e moeda JPY (yen) ou 255,00 € para a configuración local Alemán (Aleñama) e moeda EUR (euro).
=MOEDA(367,456;2) devolve R$367,46.